O pleno do Poder Xudicial avala o nomeamento da ex-ministra Dolores Delgado como fiscal xeral do Estado por 12 votos a 7. Haberá un voto particular discrepante ao que, previsiblemente, se engadirán outros membros deste órgano designado polo Goberno central segundo a Constitución, cuxo ditame ao respecto é preceptivo, pero non vinculante.
Fálase
Feijóo refírese ao delegado do Goberno central, Javier Losada, como “un subsecretario” e di que vai atender “só ao que me digan os ministros ou o presidente”. O titular da Xunta responde á petición de Losada de que abandone a confrontación co Goberno central minimizando o rango do socialista na estrutura do Estado.
A empresa pública Seaga encargarase de retirar os niños de velutina en toda Galicia en menos de cinco días se son accesibles. A Xunta pon en marcha o acordo acadado en outubro cos concellos, nove ano despois do inicio da praga, para coordinar a loita contra a praga de xeito que os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) retiren os niños considerados urxentes e Seaga o resto, cun prazo máximo de cinco días para os que están a menos de 25 metros de altura ou en lugares accesibles.
Renfe rectifica e volve ofrecer venda presencial de billetes nas estacións galegas onde prevía suprimila. Foi unha das medidas pactadas para a investidura de Pedro Sánchez entre PSOE e Teruel Existe. En 2017 Adif tamén recuara nunha decisión semellante.
O Poder Xudicial carga contra Pablo Iglesias por sinalar nunha entrevista que a Xustiza española foi "humillada" por tribunais europeos en diversas resolucións polo procés catalán. Escasas horas despois, Moncloa saíu na defensa do vicepresidente segundo, subliñando que as súas palabras se encadran na liberdade de expresión.
O BNG lanza a súa precampaña para as eleccións galegas baixo o lema Galiza en marcha e convoca para o vindeiro domingo en Santiago (Auditorio Abanca, 12h) o acto de proclamación de Ana Pontón tras a súa elección como candidata á Presidencia da Xunta. "Poñemos toda a maquinaria a funcionar para liderar o cambio real nas eleccións galegas", destacaron Olalla Rodil e Xavier Campos na presentación.
Fernando Vidal é elixido novo presidente do Deportivo da Coruña. O empresario chama a "poñer o contador a cero" polo "ben" da entidade. Vidal asinou a comezos do mes o acordo con Abanca para o rescate financeiro do club (Imaxe: RC Deportivo)
Julio Abalde toma posesión como reitor da Universidade da Coruña e inicia o seu segundo mandato á fronte da institución tras gañar cun 70% dos votos as eleccións celebradas o pasado decembro. (Imaxe: UDC)
Beatriz Mato fai oficial a súa baixa como deputada do PP no Parlamento. A ex-conselleira e ex-líder do PP na Coruña anunciou a súa retirada da vida política o pasado decembro. A substituta de Mato na Cámara galega será Ana Belén García, que fora concelleira en Noia no anterior mandato municipal.
O primeiro Consello do Goberno do PSOE e Unidas Podemos aproba a revalorización das pensións de xubilación conforme á suba dos prezos, un 0,9% con efecto retroactivo no mes de xaneiro. Pedro Sánchez informa este mediodía en rolda de prensa dos primeiros acordos do novo Executivo. Máis información, hoxe en Praza.gal