ÚLTIMA HORA | Falece Domingos Merino, alcalde da Coruña entre 1979 e 1981. Merino foi o primeiro rexedor democrático coruñés tras a ditadura e tamén o primeiro alcalde nacionalista da cidade. A súa capela ardente abrirá no salón de plenos do Pazo de María Pita o venres das 11:00 ás 16:00. Repasamos aquí o seu perfil humano e político.
Fálase
O comité de folga do persoal de Xustiza en Galicia péchase na Xunta pola "actitude da Vicepresidencia e da Dirección Xeral de Xustiza" ante o conflito que ameaza cunha folga indefinida a partir do 7 de xaneiro.
Audasa foi en 2017, por cuarto ano consecutivo, a concesionaria de autoestradas con máis queixas en todo o Estado, duplicando ás da segunda xestora con máis reclamacións. a maior parte, por retencións de tráfico ou problemas coa tarxeta.
Eldiario.es relata nesta crónica os movementos políticos que tiveron lugar en Cataluña nas últimas 48 horas e que levaron a Torrent a decidir a suspensión do pleno, o que deixa a Generalitat nun limbo legal
Nunha intervención dende Bruxelas Puigdemont chamou a manter a unidade independentista pero rexeita a suspensión do pleno
VÍDEO | Tensión entre Mossos e manifestantes independentistas en torno ao Parlamento de Catalunya. A ANC advertiu de que desconvocou a súa convocatoria de mobilización a prol da investidura de Puigdemont e resalta que "o movemento pola independencia non é violento". Os acontecementos en Barcelona, ao minuto en eldiario.es
A patronal galega convoca eleccións o 10 de maio para elixir un novo presidente logo da dimisión de Antón Arias tras meses de manobras dos seus críticos. Desde a súa chegada á presidencia da CEG hai un ano, Arias apostou por subir soldos e defendeu unha consulta pactada en Catalunya.
O Constitucional mantén a prohibición á investidura de Puigdemont se non se entrega antes. O pleno do tribunal desestima o recurso presentado polo candidato de Junts per Catalunya e rexeita que as medidas adoptadas vulneren a autonomía parlamentaria.
A Xunta prohíbe aos funcionarios de Xustiza coller días de asuntos propios e vacacións en febreiro ante a posible folga indefinida. Os traballadores recorrerán á Fiscalía a decisión da Consellería. Máis información, esta tarde en Praza.gal.
Os Mossos rexistraron esta mañá o maleteiro do taxi de Xavier Domènech, líder de Catalunya en Comú, por se ocultaba a Carles Puigdemont. Cóntao eldiario.es