As principais cidades e vilas galegas acollen na tarde deste sábado concentracións polo asasinato machista dunha veciña da Coruña. Colectivos feministas continúan a actualizar a listaxe de mobilizacións.
Fálase
Membros de todos os grupos parlamentarios e a Valedora do Pobo gardan un minuto de silencio ante o Parlamento en repulsa polo asasinato machista dunha veciña da Coruña, que xa foi confirmado formalmente como un caso de violencia de xénero. Colectivos feministas continúan a actualizar a listaxe de mobilizacións en vilas e cidades para mañá, sábado 18.
Detido en Madrid o home acusado de asasinar á súa parella na Coruña. Segundo recolle La Opinión, o sinal do teléfono móbil do sospeitoso permitiu dar co seu paradoiro horas despois de que un dos fillos da muller, de 52 anos, atopase o seu corpo sen vida na casa.
Iván Raña anuncia a súa retirada do tríatlon profesional. O de Ordes, de 42 anos, seguirá disputando outras probas pero fóra do circuíto de profesionais. "É un ata logo, sinto que agora é o momento", di o que foi campión do mundo en 2002, dúas veces campión de Europa e que ten dous diplomas olímpicos. Foto: Federación Galega de Tríatlon.
A Xunta plasma no DOG o levantamento de restricións pola COVID-19 que estará vixente dende as 00:00 do sábado, coa fin das limitacións ás reunións entre persoas non conviventes como principal novidade. Reflicte tamén a ampliación de capacidade nas mesas de bares e restaurantes.
BNG, xunto con ERC, EH Bildu, Junts ou a CUP, convoca un "apagón eléctrico masivo" e unha gran cazolada o vindeiro 8 de outubro "contra o oligopolio das eléctricas". A CIG maniféstase tamén este domingo en varias vilas e cidades galegas contra "a estafa da luz".
Unha muller de 52 anos, asasinada presuntamente a mans da súa parella na Coruña.
- EN ACTUALIZACIÓN 👉 Unha muller de 52 anos, asasinada pola súa parella na Coruña
O salario mínimo subirá 15 euros, ata os 965 mensuais, de maneira retroactiva desde o pasado 1 de setembro. O Goberno central vén de alcanzar un acordo cos sindicatos.
A Unesco declara a Ribeira Sacra e Serras do Oribio como Reserva da Biosfera tras amosar en xuño as súas dúbidas de que poida ser Patrimonio da Humanidade.
Adif adxudica por 17 millóns a electrificación dos 73 quilómetros de vía entre Monforte e Lugo. As obras durarán 18 meses e son un dos principais elementos da modernización da liña entre Ourense e Lugo que a empresa pública ten en marcha.