Ducias de miles de persoas maniféstanse en Barcelona contra o xuízo aos líderes independentistas cataláns e a prol da autodeterminación. (Imaxe: ANC)

Ducias de miles de persoas maniféstanse en Barcelona contra o xuízo aos líderes independentistas cataláns e a prol da autodeterminación. (Imaxe: ANC)
A Deputación de Pontevedra reclama a retirada dunha conferencia do escritor Fernando Sánchez Dragó do programa da Festa da Arribada de Baiona. "É bochornoso que alguén que alardea de encontros sexuais con menores" e "nega a violencia machista" participe da celebración, reprocha o goberno do ente provincial. Tamén o PSdeG baionés reclamou a súa retirada.
A Audiencia Nacional non asumirá a peza central da investigación ao grupo Vendex na trama Pokémon, como pedía a xuíza Pilar de Lara. A Audiencia reprocha a De Lara que, malia estar "claras" as competencias dende o comezo do caso, decidiu asumir a instrución hai xa case sete anos. Recólleo El Progreso
Luís Villares (En Marea) anuncia que proporá a PSdeG e BNG "unha gran plataforma progresista galega" para concorrer ao Senado nas eleccións xerais de abril por ser "unha Cámara que favorece a concentración do resultado do voto", vén de sinalar en rolda de prensa. Mentres, esta mañá Anova, Podemos e EU anuncian contactos para concorreren en coalición ao Congreso. Máis información, hoxe en Praza.gal.
VÍDEO | Así se ve Galicia dende a Estación Espacial Internacional. GCiencia recolle o vídeo no que o realizador Bruce Wayne Berry recompila imaxes tomadas polos astronautas da ISS. Seis minutos con imaxes de alta calidade nas que se inclúen (dende o minuto 3:02) as recollidas ao pasar sobre Galicia.
Activada a saída dos restos de Franco do Valle de los Caídos, que terá que esquivar obstáculos da Igrexa e dos netos do ditador.
Bota a andar en Santiago a Asociación de Entidades Locais pola Lingua, formada por unha quincena de concellos que desenvolverán accións conxuntas a prol do uso do galego. Ademais da propia capital galega os seus membros fundadores son A Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía, e Rois. A primeira presidencia recae no Concello rianxeiro.
Donald Trump declara o estado de emerxencia nacional para construír o muro con México. O presidente estadounidense vén de anuncialo nunha declaración televisada na que di que o fai para protexer o país dun suposto fluxo de “droga, criminais e migrantes ilegais”.
A Fiscalía da Coruña arquiva a denuncia do PP contra o goberno local da cidade pola compra de vivendas para alugueiro social ao non observar nas "deficiencias denunciadas" a "transcendencia penal" que denunciaban os conservadores. Dúas destas compras foron consideradas nulas polo Consello Consultivo. Está a contalo La Opinión de A Coruña
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia presenta o novo deseño dos trofeos dos Premios María Casares, obra de Paula Pereira despois de que o colectivo renunciase ás anteriores xerras de Sargadelos para denunciar a actitude da empresa cara ao seu persoal. (Imaxe: LaDiapo)