A Xunta anuncia unha comparecencia de Feijóo ás 13:00 para "dar conta das medidas acordadas" no comité clínico celebrado a pasada noite. Segundo o avanzado por Sanidade, as restricións continúan sen cambios ata, cando menos, o vindeiro venres.
Fálase
A Consellaría de Sanidade acordou manter, sen ningún cambio, as restricións acordadas o pasado venres e que afectan, sobre todo, ás zonas urbanas, nas que de momento seguirán vixentes os peches perimetrais e a prohibición de reunións de persoas non convivintes.
'O que arde' non será a candidata a representar a España nos Óscar. A Academia de Cine escolleu 'La trinchera infinita'.
Castilla y León pecha hostalería e actividades comerciais non esenciais para deter a expansión da covid. O goberno rexional suspende as visitas a residencias e advirte do "risco máximo" no territorio".
Cando menos tres persoas mortas e unha quincena feridas nun atentado en Viena, na contorna dunha sinagoga. As autoridades austríacas investigan as posibles conexións do ataque co xihadismo.
A Fiscalía Anticorrupción investiga os reis Juan Carlos e Sofía e varios dos seus familiares polo uso de tarxetas de crédito opacas con cartos procedentes do estranxeiro, segundo unha información que publica eldiario.es
Feijóo atribúe os disturbios dos últimos días en varias cidades españolas a "ultras de extrema esquerda e extrema a dereita á vez" que "non se decatan dos centos de persoas que morren todos os días" polo coronavirus. Son declaracións en Vigo recollidas por Europa Press das que informa eldiario.es (Foto: David Cabezón / Xunta)
Asturias decreta o peche total da hostalería e o comercio non esencial e pide ao Goberno central un confinamento domiciliario de 15 días. "É vital para o control da pandemia", advirte o presidente do Principado, Adrián Barbón.
Os candidatos á presidencia dos Estados Unidos de América apuran os últimos actos de campaña antes das transcendentais eleccións de mañá, 3 de novembro. Neste especial, Infolibre repasa algunhas das principais proxeccións e enquisas sobre pugna entre Donald Trump e Joe Biden.
Segunda noite de disturbios en varias cidades de España, con varios detidos en Madrid, Logroño, Bilbao ou Santander e varios axentes de policía feridos. As protestas violentas apuntan, en varios casos, a grupos de extrema dereita. Foto: Delegación do Goberno en Madrid.