A Fiscalía Anticorrupción investiga os reis Juan Carlos e Sofía e varios dos seus familiares polo uso de tarxetas de crédito opacas con cartos procedentes do estranxeiro, segundo unha información que publica eldiario.es
Fálase
Feijóo atribúe os disturbios dos últimos días en varias cidades españolas a "ultras de extrema esquerda e extrema a dereita á vez" que "non se decatan dos centos de persoas que morren todos os días" polo coronavirus. Son declaracións en Vigo recollidas por Europa Press das que informa eldiario.es (Foto: David Cabezón / Xunta)
Asturias decreta o peche total da hostalería e o comercio non esencial e pide ao Goberno central un confinamento domiciliario de 15 días. "É vital para o control da pandemia", advirte o presidente do Principado, Adrián Barbón.
Os candidatos á presidencia dos Estados Unidos de América apuran os últimos actos de campaña antes das transcendentais eleccións de mañá, 3 de novembro. Neste especial, Infolibre repasa algunhas das principais proxeccións e enquisas sobre pugna entre Donald Trump e Joe Biden.
Segunda noite de disturbios en varias cidades de España, con varios detidos en Madrid, Logroño, Bilbao ou Santander e varios axentes de policía feridos. As protestas violentas apuntan, en varios casos, a grupos de extrema dereita. Foto: Delegación do Goberno en Madrid.
Portugal impón novas restricións en 121 concellos, que abranguen máis de 7 millóns de persoas. Haberá un confinamento parcial a partir do vindeiro 4 de novembro.
Boris Johnson decreta o confinamento de Inglaterra durante un mes, ata o 2 de decembro. Todo o comercio non esencial, restaurantes, pubs e locais de ocio permanecerán pechados. Os cidadáns só poderán saír da casa para traballar, ir a clase ou facer deporte.
A RAG volve adiar o seu pleno extraordinario dedicado a Ricardo Carvalho Calero polo Día das Letras Galegas a causa dos novos confinamentos perimetrais polo coronavirus. A sesión, que xa non se puido celebrar o 17 de maio, trasladárase ao 31 de outubro. Este venres a Agal tamén se viu obrigada a suspender, por mor das novas restricións, unha lectura pública continuada de Scórpio que se ía desenvolver en Santiago.
A Xunta establece confinamentos perimetrais en Santiago Ames e Teo; Ferrol, Narón, Fene e Neda; A Coruña e Arteixo; Pontevedra, Poio e Marín; Vigo, Lugo e Vimianzo polo coronavirus. Os confinamentos perimetrais xa vixentes na provincia de Ourense seguirán vixentes. As medidas, que Sanidade espera ter en vigor este mesmo venres ás 3 da tarde, inclúen limitación de reunións só para convivintes, serán revisadas o vindeiro martes.
- INFORMACIÓN EN AMPLIACIÓN 👉 A Xunta estende o confinamento perimetral e o veto ás reunións de non convivintes a toda a Galicia urbana
O Congreso aproba a prórroga ata o 9 de maio do estado de alarma, como solicitara o Goberno central. Obtivo 194 votos a favor, 53 en contra (Vox) e 99 abstencións (PP, Bildu, CUP e UPN).