A RAG volve adiar o seu pleno extraordinario dedicado a Ricardo Carvalho Calero polo Día das Letras Galegas a causa dos novos confinamentos perimetrais polo coronavirus. A sesión, que xa non se puido celebrar o 17 de maio, trasladárase ao 31 de outubro. Este venres a Agal tamén se viu obrigada a suspender, por mor das novas restricións, unha lectura pública continuada de Scórpio que se ía desenvolver en Santiago.
