Castela e León activa o confinamento perimetral dende o día 30 de outubro polo coronavirus. A medida engádese ao peche xa decidido por Asturias, o que supón que as dúas autonomías lindeiras con Galicia non permiten o acceso ao seu territorio agás nas excepcións contempladas no estado de alarma. Poboación doutros territorios non confinados si pode viaxar a Galicia atravesando Castela ou Asturias. Ata o día 3, ademais, estas restricións engádense ás de Portugal, que impide a circulación entre concellos agás motivos xustificados que non inclúen o turismo. A Xunta, pola súa banda, segue sen contemplar o peche.
