A Xunta publica a súa aplicación PassCovid para móbiles Android. O Goberno galego xa lanzara a súa aplicación para o rastrexo de casos da COVID-19 hai dúas semanas, pero unicamente para dispositivos Apple. Passcovid pódese descargar para Android nesta ligazón e para móbiles Apple, nestoutra.
Fálase
O Ministerio de Consumo comunica a 25 clubs de fútbol que teñen ata final de tempada para extinguir os seus contratos publicitarios con casas de apostas. Nunha misiva asinada polo ministro Garzón, o Goberno de España anuncia de que aprobará "nos vindeiros días" o decreto que regulará este veto.
A Xunta mantén o horario do confinamento nocturno das 11 da noite ás 6 da mañá. Así o vén de confirmar o conselleiro de Sanidade tras a xuntanza do Comité Clínico. Avanza Julio García Comesaña que polo momento, a Xunta non vai adoptar restricións adicionais. Ampliamos a información neste espazo
O Sergas abre o prazo dun mes ao ano no que permite á poboación da área de Vigo mudar Povisa polo Álvaro Cunqueiro como hospital de referencia. Desde hai un ano o centro privado vigués, que atende 134.000 pacientes, é propiedade de Ribera Salud, da estadounidense Centene Corporation.
EPA | As persoas con emprego en Galicia aumentaron nunhas 32.200 no terceiro trimestre de 2020, segundo a Enquisa de Poboación Activa, que sitúa o total da poboación ocupada en 1,08 millóns, unhas 23.000 persoas menos que hai un ano. Mentres, a poboación en paro aumentou en 2.300 no mesmo trimestre e sitúase nunhas 144.800, segundo o mesmo estudo, o que supón unhas 1.300 máis que un ano antes. Ampliamos a información neste espazo
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias presentan este martes as liñas xerais do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 tras pecharen PSOE e Unidas Podemos acordos políticos ligados ás contas, como os relativos a unha maior regulación dos prezos do alugueiro de vivenda ou axilización dos trámites do ingreso mínimo vital. Detalles do orzamento como o investimento territorializado coñeceranse no momento en que sexa entregado ao Congreso para principiar a súa tramitación.
Interrompida a circulación da liña ferroviaria entre Ourense e Zamora por mor do descarrilamento de vagóns dun tren de mercadorías á altura de Taboadela. Segundo informa Adif, Renfe estableceu "un plan alternativo de transporte por estrada para os viaxeiros dos trens afectados". Na imaxe (de arquivo), obras do AVE á altura de Taboadela (CC BY-SA Praza Pública)
O Tribunal Superior de Xustiza anula a prohibición dos alugueiros turísticos aprobada polo Concello de Santiago en 2018 por non ser sometida ao trámite de exposición pública. A sentenza considera que a medida está "motivada", "xustificada" e baseada en "razóns de interese público", pero anúlaa porque estima que foi unha "modificación substancial" do plan de protección da zona histórica que requiría dese trámite.
O electorado chileno aproba con case o 80% dos votos a fin da constitución herdada da ditadura de Pinochet. O histórico plebiscito deriva nun claro resultado a prol dun novo texto constitucional. Os resultados detallados pódense consultar nesta ligazón (imaxe: Servicio Electoral de Chile)
García Lorca está xa inmortalizado na Alameda de Santiago cunha escultura que lembra o seu paso pola cidade. [Imaxe: Concello de Santiago]