García Lorca está xa inmortalizado na Alameda de Santiago cunha escultura que lembra o seu paso pola cidade. [Imaxe: Concello de Santiago]
Fálase
Sánchez decreta o estado de alarma, que entrará en vigor esta mesma tarde para amparar novas restricións fronte á COVID. Inclúe un confinamento nocturno e en Galicia será xestionado pola Xunta. Máis información aquí.
Aparecen as comunicacións de nacemento de Maruja Mallo e Ramón Villar Ponte durante as tarefas de clasificación do arquivo dos xulgados de Viveiro. Daquela a lei establecía que cada nacemento debía comunicarse ao xulgado nos tres días posteriores por parte dos pais, o parente máis próximo, o sanitario que atendese o parto ou calquera persoa que o presenciase, como foi o caso de Maruja Mallo, a cargo dun veciño.
Este domingo cambia a hora e ás 3:00 volven ser as 2:00. Hai ano e medio o Goberno central decidiu manter de momento a diferenza entre os horarios de verán e inverno e será a UE a que decida o próximo ano o futuro desta medida.
Pedro Sánchez convoca un Consello de Ministros extraordinario este domingo para avaliar un novo estado de alarma tras reunirse este sábado co Papa. Francisco transmitiulle o seu respecto pola vocación política, “unha das formas máis altas da caridade”.
Os gobernos de varias comunidades autónomas reclaman a aprobación dun novo estado de alarma para aplicar novas medidas contra a COVID-19. A primeira en reclamalo foi Euskadi e, durante a tarde deste venres, fixérono tamén varias autonomías máis. O xoves, a Xunta asegurou que se "opón a ligar ao estado de alarma" posibles restricións como os confinamentos nocturnos. Fontes gobernamentais citadas por El Confidencial apuntan a un posible Consello de Ministros extraordinario durante a fin de semana para declaralo. Na imaxe, membros do Goberno de España durante unha conferencia coas presidencias autonómicas
Pedro Sánchez pide "limitar todo o posible a mobilidade e os contactos entre persoas" para "poder volver parar o virus". Advirte o presidente do Goberno de España de que "veñen semanas moi duras" e defende as medidas acordadas coas comunidades autónomas para procurar frear os contaxios e "evitar, a toda costa, volver recorrer a un confinamento domiciliario". Algunhas delas, advirte, requiren a declaración do estado de alarma (Foto: Borja Puig de la Bellacasa / Goberno de España)
Portugal prohibe a circulación entre concellos diferentes das cero horas do 30 de outubro ás 23:59 do 3 de novembro para procurar frear os contaxios do coronavirus. Ademais, nos municipios de Felgueiras, Lousada e Paços de Ferreira (ao sur de Braga, a uns 130 quilómetros da fronteira) está en vigor dende mañá un paquete de restricións reforzadas, entre elas o "dever de permanência no domicílio" agás para ir traballar ou á escola, entre outras excepcións.
O pleno do Congreso dos Deputados rexeita a moción de censura presentada por Vox con 298 votos en contra e só 52 a prol, os da propia formación de extrema dereita. É a moción de censura con menor apoio de todas as formuladas dende a Constitución de 1978.
O Diario Oficial de Galicia publica o novo paquete de restricións por mor do incremento de casos do coronavirus que están en vigor en toda Galicia dende este xoves, 22 de outubro, incluíndo a limitación xeral de reunións a 5 persoas se non conviven entre elas. Debullámolas neste espazo de Praza.gal.