Pedro Sánchez pide "limitar todo o posible a mobilidade e os contactos entre persoas" para "poder volver parar o virus". Advirte o presidente do Goberno de España de que "veñen semanas moi duras" e defende as medidas acordadas coas comunidades autónomas para procurar frear os contaxios e "evitar, a toda costa, volver recorrer a un confinamento domiciliario". Algunhas delas, advirte, requiren a declaración do estado de alarma (Foto: Borja Puig de la Bellacasa / Goberno de España)
Fálase
Portugal prohibe a circulación entre concellos diferentes das cero horas do 30 de outubro ás 23:59 do 3 de novembro para procurar frear os contaxios do coronavirus. Ademais, nos municipios de Felgueiras, Lousada e Paços de Ferreira (ao sur de Braga, a uns 130 quilómetros da fronteira) está en vigor dende mañá un paquete de restricións reforzadas, entre elas o "dever de permanência no domicílio" agás para ir traballar ou á escola, entre outras excepcións.
O pleno do Congreso dos Deputados rexeita a moción de censura presentada por Vox con 298 votos en contra e só 52 a prol, os da propia formación de extrema dereita. É a moción de censura con menor apoio de todas as formuladas dende a Constitución de 1978.
O Diario Oficial de Galicia publica o novo paquete de restricións por mor do incremento de casos do coronavirus que están en vigor en toda Galicia dende este xoves, 22 de outubro, incluíndo a limitación xeral de reunións a 5 persoas se non conviven entre elas. Debullámolas neste espazo de Praza.gal.
O Papa Francisco amósase partidario do amparo legal ás unións civís entre persoas do mesmo sexo. "As persoas homosexuais teñen dereito a estar na familia, son fillos de Deus (...). Non se pode botar da familia a ninguén nin facer a vida imposible por iso", sinala nun documental que se estreará proximamente e no que ve oportuna unha "lei de convivencia civil" porque "teñen dereito a estar cubertos legalmente", manifesta, segundo recolle Religión Digital.
A Consellería de Sanidade confirma que as novas restricións no Carballiño, O Irixo e Boborás implican o peche de todos os bares e restaurantes -agás os situados en hoteis e centros de traballo-, que só poderán manter os servizos de comida a domicilio. Ampliamos a información neste espazo
O Congreso dos Deputados debate dende as 9 da mañá deste mércores a moción de censura formulada polo grupo de extrema dereita Vox contra o Goberno do PSOE e Unidas Podemos. A sesión arrinca coa incógnita do sentido do voto do PP ante unha censura que, en todo caso, non xuntará votos dabondo e na que está previsto que interveñan os líderes das dúas forzas que sustentan o Executivo, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. Pódese seguir ao vivo na web do Congreso.
Sanidade restrinxe as reunións a só convivintes en Santiago e no Milladoiro e a un máximo doutras cinco persoas no resto de Galicia. A Xunta tamén establece un novo confinamento perimetral en Verín, Oímbra e Vilardevós e mantén o resto de restricións xa activas. As novas medidas entrarán en vigor na medianoite do mércores ao xoves. Toda a información, neste espazo de Praza.gal
A Audiencia Nacional absolve o ex-xefe dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluis Trapero, da acusación de sedición pola que a Fiscalía pedía dez anos de prisión para el no marco do proceso soberanista catalán. O tribunal, que tampouco contempla o delito de desobediencia, non ve acreditado que o antigo xefe da Policía catalá colaborase, como tal, nas iniciativas a prol da independencia do Goberno da Generalitat. Adiantouno a Cadena SER
Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2020 pola súa obra Atlas. O xurado salienta a obra “por constituír unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo”. A pasada semana foi Olga Novo a galardoada co Premio Nacional de Poesía por Feliz Idade.