O poder xudicial renova a presidencia da Audiencia de Ourense malia estar en funcións. O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, co seu mandato caducado desde hai dous anos, aprobou por 19 votos a favor e dous en branco que Antonio Piña siga á fronte da Audiencia de Ourense, para a que fora elixido en 2014, fronte á candidatura alternativa de Ana María del Carmen Blanco Arce.
