Carles Puidemont descarta en entrevista con El Diario a Declaración Unilateral de Independencia. Afirma que "é bastante insostible pensar que de aquí ao día 1 se vai poder precintar Cataluña"

Carles Puidemont descarta en entrevista con El Diario a Declaración Unilateral de Independencia. Afirma que "é bastante insostible pensar que de aquí ao día 1 se vai poder precintar Cataluña"
O Ministerio emite a Declaración de Impacto Ambiental do dragado da Ría do Burgo e publica o proxecto para o seu saneamento. O Goberno central esgotara xa o prazo para presentalo e acumulara meses de atraso tras recoñecer que non tiña prazo nin orzamento.
Warner esixiu ao Goberno de España tapar os debuxos de personaxes como Piolín ou Silvestre nos barcos que aloxan a Policía en Barcelona para non danar a súa imaxe. Nos cruceiros permanecen os axentes enviados para impedir o referendo. Cóntao La Vanguardia
Twitter comeza a experimentar cos 280 caracteres por tweet para comprobar se aumenta a interacción e a participación dos seus e as súas usuarias
A participación no referendo de autodeterminación do Kurdistán iraquí acadou o 78%. O Goberno rexional asegura que agora negociará con Bagdad a súa independencia, non aceptada polo Goberno iraquí, por Irán e Turquía, que responden con despregue de tropas e peche de fronteiras
Rajoy reúnese con Trump, que defende que España "siga unida". "Sería una tontería marchar", dixo, dun "gran país, bonito, histórico".
El Diario entrevista David Fernández (CUP): "O problema do Estado español é que non sabe nin gañar nin perder, só sabe vencer"
O Goberno de Rajoy adía a presentación dos Orzamentos de 2018 e non desbota unha prórroga dos actuais por falta de apoios parlamentarios. As actuacións do Executivo central a respecto de Catalunya poñen en cuestión que o PP poida volver contar co PNV para sacar adiante as contas.
A Estación Espacial Internacional será visible esta noite dende Galicia. Vén de anuncialo Ignazio Magnani, que fai seguimento do percorrido da estación a través da súa conta de Twitter.
O Parlamento aproba a nova lei de benestar animal, que incorpora medidas como a prohibición dos circos con animais e incrementa a protección de diversas especies fronte ao maltrato, pero mantén as touradas ao deixalas fóra do seu ámbito de aplicación. O texto só tivo o apoio do PP.