Os profesores galegos Xavier Labandeira e Santiago Lago, catedráticos de Economía e de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, elixidos polo Ministerio de Facenda como membros do comité de persoas expertas para a reforma do sistema tributario do Estado. O grupo está conformado por 17 persoas expertas e ten de prazo para formular a súa proposta ata o 28 de febrero de 2022. A composición íntegra pódese consultar nesta ligazón. Na imaxe, o acto de presentación do comité, presidido pola ministra de Facenda, María Jesús Montero.
Fálase
O Parlamento celebra o 40 aniversario do Estatuto cun discurso do presidente do Tribunal Constitucional e dúas mesas redondas cos actuais directores de seis xornais en papel e tres docentes de Dereito. [Imaxe: Parlamento de Galicia]
- 👉 O Estatuto galego fai corenta anos tras máis dunha década co autogoberno conxelado
- 👉 Neste espazo podes ler as diversas pezas que fomos elaborando polo aniversario do Estatuto
A XIX gala dos Mestre Mateo foi a máis seguida da súa historia, con 84.000 espectadores a través da TVG, un 11,3% de audiencia. Foi o segundo programa máis visto en Galicia nesa franxa horaria e a emisión a través da rede sumou outras 7.000 visualizacións.
O Aldebarán San Sadurniño regresa á máxima categoría do voleibol e finaliza a temporada como campión da Superliga Masculina 2. O equipo regresa así á elite do voleibol á que xa ascendera por primeira vez en 2018. (Imaxe difundida pola Federación Galega de Voleibol)
O Baxi Ferrol, invicto durante toda a tempada, ascende á Liga Feminina de Baloncesto. A próxima tempada compartirá a máxima categoría co Ensino de Lugo.
Un incendio industrial no polígono do Ceao, en Lugo, fai que a Xunta active o nivel 1 de emerxencias que implica a mobilización de recursos supralocais. O lume orixinouse nunha nave de pinturas e afectou a outras lindeiras. [Imaxe: @jose_minones, delegado do Goberno de España en Galicia]
A Garda Civil intervén a unha organización sen ánimo de lucro 176 toneladas de alimentos que incumprían a normativa sanitaria e que ían destinados a persoas necesitadas. A investigación cuantifica en máis de 285.000 euros o valor dos alimentos incautados tras diversas inspeccións sanitarias realizadas en varias provincias galegas.
A Xunta incorpora Carballeda de Valdeorras aos concellos no máximo nivel de restricións pola COVID-19 dende as 00:00 do luns, día 12. Continúan neste nivel, que implica peche perimetral, os concellos da Pobra do Caramiñal e do Grove. Ademais, oito concellos estarán en nivel alto, coa incorporación de Boiro e Barreiros ao mesmo xunto á Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa de Arousa, Boimorto, O Irixo e Carral. No nivel medio quedan 14 concellos: Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda e no baixo, o resto de Galicia. Podes consultar aquí o novo mapa de restricións
A piragüista Teresa Portela consegue a clasificación para os seus sextos Xogos Olímpicos, en Toquio, e xa é a deportista española con máis participacións.
O Festival de Ortigueira tampouco se celebrará este verán pola COVID e a organización anuncia que o de 2022 será "o máis longo da historia" ao durar unha semana.