A Plataforma contra o Malgasto convoca unha concentración en Ferrol para protestar contra a aprobación dunha nova remodelación na Praza de España da cidade, cun custe de 700 mil euros, que se engaden aos máis de 16 millóns gastados nas obras dende que comezaron hai máis dunha década.
Fálase
O 65% dos cataláns votaría a favor da independencia nun hipotético referendo, segundo unha enquisa do Centre d'Estudis d'Opinió, dependente da Generalitat. O sentimento é unánime entre os votantes de ERC e maioritario nos de CiU (64,5%) e ICV (53,2); un 29% dos votantes do PSC tamén votarían a favor. A enquisa inclúe tamén unha estimación de voto, e amosa un descenso de CiU, PSC e PP e un ascenso de ERC e ICV.
A factura da luz subirá un 4% no vindeiro mes de xullo. O ministro Soria insiste en que non se pode reducir o seu prezo.
O diario El País revela que boa parte do Plan Estratéxico do Gaiás está copiado doutras publicacións sobre equipamentos culturais e mesmo da Wikipedia
Convocan unha concentración en Compostela, ás seis da tarde deste xoves, para protestar contra o peche da Biblioteca Caja Madrid, en Casas Reais. O acto consistirá na lectura colectiva de textos que teñen que ver coa importancia dos libros e a lectura
O bono español a dez anos volve superar o 7% e a prima de risco sitúase de novo por riba dos 550 puntos, coincidindo co inicio do cumio europeo.
O prezo da vivenda nos Estados Unidos detén o seu descenso, despois de varios anos, e amosa signos de crecemento nos vindeiros meses, segundo The New York Times
Ferrolterra concentrouse onte na Praza de Armas en denuncia do asasinato de Iria García Bouza. Critican a ausencia de representantes do goberno municipal no acto de repulsa.
Os montes ourensáns sofren os primeiros lumes do verán. Arderon 20 hectáreas na Peroxa, Nogueira de Ramuín e Viana do Bolo, entre críticas dos brigadistas á redución dos operativos.
Finaliza a campaña electoral en México, cun masivo mitin (200 mil persoas ) de López Obrador na capital federal. Este domingo celébranse as eleccións, e aínda que o PRD foi recuperando posicións nos últimos meses, o candidato do PRI, Enrique Peña Nieto, é o favorito.