Abel Caballero anuncia, por sorpresa, a fin do seu pacto co PP para gobernar a cidade de Vigo. O alcalde socialista espera prorrogar os orzamentos do pasado ano para así chegar ás eleccións municipais de maio
Fálase
O monopolio da SGAE racha en Euskadi. O Goberno vasco autoriza a actuación na comunidade autónoma da entidade de xestión de dereitos de propiedade intelectual Euskal Kulturgileen Kidegoa (EKKI). Tamén Cataluña aprobou o pasado ano un decreto que lle permite crear ou autorizar entidades de xestión de dereitos de ámbito catalán, pero aínda non o puxo en práctica.
A militancia de Cerna apoia abandonar Anova. O 75% dos militantes apostan por abandonar a formación liderada por Beiras, tras un referendo telemático no que participaron unhas 200 persoas.
Hernández defende que Currás ten "todo o dereito do mundo" como "profesional" a ser o delegado de Tragsa en Galicia. A saída do ex alcalde do Concelo compostelán implicará que o equipo de goberno da cidade terá un 60% de membros non electos.
Falece a escritora, xornalista e activista feminista Begoña Caamaño. En abril de 2012 apostaba en Praza Pública pola sororidade como "arma de empoderamento" para as mulleres. Recuperamos a entrevista, asinada por Montse Dopico, na súa lembranza.
Enric Juliana analiza en La Vanguardia as eleccións galegas de 2012 como "laboratorio electoral da indignación", recollendo como referencia o libro De Beiras a Podemos, de Anxo Lugilde, editado por Praza Pública.
A proposta organizativa do grupo de Pablo Iglesias gaña a votación de Podemos por algo máis do 80% dos sufraxios. Está a contalo El Diario
Israel prohíbe dende este luns que os palestinos utilicen os autobuses públicos. A medida foi adoptada polo Ministerio de Defensa polas presións de grupos de colonos e extremistas
Edmundo Fayanas Escuer denuncia en SinPermiso, ao igual que fixera Manuel Lago, o "escándalo" da descapitalización xeral de Endesa, que se producirá este mércores a través dun reparto histórico de dividendo que beneficiará o seu principal accionista, a empresa italiana ENEL. Fayanas Escuer cualifica a operación como un exemplo do "estúpido e ladrón capitalismo español"
A Garda Civil detén o ex número dous de Esperanza Aguirre nunha redada contra a corrupción. O xuíz quere saber a orixe dos cartos en Suíza que garda Francisco Granados.