Guaidó admite que os apoios a un golpe militar contra o Goberno de Nicolás Maduro en Venezuela non foron "suficientes". Maduro -na fotografía, nunha imaxe de arquivo- dá por "derrotada" a operación para derrocalo.
Fálase
O voto dos residentes ausentes ratifica os resultados do 28A en Galicia. O PP mantén a vitoria na provincia de Lugo, onde superara o PSOE por tan só 739 sufraxios tras o reconto do pasado domingo. Podes repasar aquí o escrutinio dos colexios electorais, concello a concello.
En marcha xa as principais manifestacións convocadas en Galicia polos sindicatos neste 1º de maio. Toda a información, hoxe en Praza.gal.
Maduro dá por "derrotado" o golpe e o opositor Leopoldo López refúxiase na embaixada española en Caracas. 25 militares que apoiaron a Guaidó protéxense na sede diplomática do Brasil na capital de Venezuela.
Té con Gotas publica novo podcast desde o Reino Unido. Desta volta analiza os plans da primeira ministra escocesa de convocar un segundo referendo de independencia e entrevista a Álvaro Goyanes, farmacéutico de Monforte que dirixe unha empresa de impresión 3D de medicamentos.
Javier Krahe xa ten o seu monumento de homenaxe en Lugo. A escultura, do artista Lomarti, foi promovida polo club de arte e música Clavicembalo, ao que o cantautor, falecido en 2015, estivo moi ligado. Instalouse nun xardín preto do Clavi, onde un mural pictórico tamén lembra a Krahe. (Imaxe: Concello de Lugo)
Chambo. Vinte anos dun programa mítico que todo o mundo lembra. Nesta reportaxe Vinte lémbranos o espazo da TVG que, a finais dos anos 90, achegou a audiencia a un amplo mundo musical con entrevistas, videoclips e actuacións en directo
Militares contrarios a Maduro liberan a Leopoldo López e Guaidó asegura que o exército "deu o paso" para o "cesamento definitivo da usurpación" en Venezuela. Neste artigo, Xulio Ríos analizou a situación do país suramericano tras a autoproclamación de Guaidó como "presidente interino".
A Xunta Electoral exclúe a Puigdemont das listas para as eleccións europeas. Tras un recurso de Ciudadanos e PP, impide tamén presentarse a Toni Comín e Clara Ponsatí.
A esquerda poderá seguir gobernando na Comunitat Valenciana, onde ascenso do PSOE compensa a baixada de Compromís e Podem. O forte devalo do PP provoca que a dereita non sume malia á irrupción de Vox.