Javier Krahe xa ten o seu monumento de homenaxe en Lugo. A escultura, do artista Lomarti, foi promovida polo club de arte e música Clavicembalo, ao que o cantautor, falecido en 2015, estivo moi ligado. Instalouse nun xardín preto do Clavi, onde un mural pictórico tamén lembra a Krahe. (Imaxe: Concello de Lugo)
