O Xulgado suspende as actuacións sobre o Pazo de Meirás ata resolver se o mobiliario debe considerarse parte do predio. O Estado solicitou que se determinase que bens son integrantes das Torres e o Concello de Sada reclamou que se inclúa o mobiliario como parte do Pazo. A xustiza estimara o recurso dos Franco e permitíralles retirar o mobiliario.
Fálase
A Xunta habilita os puntos de vacinación fronte á COVID para obter o contrasinal do sistema Chave365 co que relacionarse dixitalmente coa administración galega. Ata agora xa se podía obter o contrasinal nos centros de saúde e no resto de oficinas de atención ao público da Xunta.
O persoal de Alcoa na Mariña ratifica o acordo para para iniciar a venda e suspender a folga. A multinacional iniciará contactos cos seis posibles compradores que lle derivou o Goberno central.
A Xunta adía a mañá, xoves, a reunión do comité clínico que abordará os seguintes cambios nas restricións pola COVID-19, tanto no que atinxe a medidas por concellos como ás que se aplican ao conxunto de Galicia. A razón do adiamento, segundo a Consellería de Sanidade, é que o Consello Interterritorial de Saúde (composto polo Estado e as autonomías), que se ía xuntar ás 16h, finalmente farao ás 18h, hora prevista para o comité da Xunta, cuxo encontro xa fora adiado do martes ao mércores por ser festivo o pasado luns.
Feijóo di que o Turismo “debe ser unha prioridade política e económica” para a recuperación. O presidente participa en Madrid nun foro impulsado polo Grupo Hotusa, do chantadino Amancio López Seijas.
- HEMEROTECA | Saudades da orde perdida con arrecendo a La Toja
O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, anuncia unha viaxe a Ceuta e Melilla este mesmo martes para "amosar a determinación" coa que, di, o seu Executivo está a abordar a "inusitada crise migratoria" desencadeada nas últimas horas. O Ministerio do Interior asegura que devolveu en quente case 3.000 persoas a Marrocos e evita culpar directamente do acontecido ás autoridades marroquís.
Falece aos 76 anos o cantautor italiano Franco Battiato. O emblemático artista estaba enfermo levaba retirado uns tres anos da vida pública. (Imaxe: Ale3me)
A Marcha Mundial das Mulleres denuncia o ataque a pasada noite ao mural feminista da Gran Vía de Vigo e condena "a misoxinia, machismo e fascismo" da acción
A Serra da Groba acolleu este domingo unha importante mobilización contra os proxectos eólicos previstos na zona, que suporían 44 aeroxeradores e 4 subestacións. Foto: @galizanova.
O Sergas prevé que toda Galicia estea inmunizada a final de ano e quere iniciar a vacinación de nenos e adolescentes contra a fin do verán, segundo asegurou a directora xeral de Saúde Pública en Radio Galicia.