O Parlamento pide a "blindaxe dos recursos públicos" para o apoio ás persoas con Síndrome de Down
Este 21 de marzo celébrase o Día Mundial da síndrome de Down. Down Galicia e a Fundación Down Compostela celebran un acto público en Santiago. A cámara aproba unha Declaración Institucional que pide apoio para a súa inserción laboral e autonomía.