Unha parroquia de Valdeorras queda sen acceso por estrada pola acción dunha canteira
A OU-0807 a San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) leva 15 anos pechada ao tráfico por mor do seu mal estado, pero o actual risco de derrubamento obrigou á Deputación de Ourense a bloqueala cun quitamedos. O alcalde iniciou un peche na Casa do Concello esixíndolle ao Goberno provincial as obras que leva anos anunciando.