O número de mortes polos incendios en Portugal ascende a 31
O primeiro ministro, António Costa, alerta de que "situacións coma a de hoxe vanse repetir nos vindeiros anos" e responsabiliza do sucedido á falta de reformas estruturais nos últimos anos. Confía nas medidas adoptadas no verán, pero recoñece que tardarán anos en ter efectos. O Eixo Atlántico responsabiliza a Xunta da falta de cooperación transfronteiriza.