A loita da sanidade viguesa enquístaselle a Feijóo na rúa
Decenas de milleiros de persoas saen de novo ás rúas de Vigo para esixir o "rescate" do novo hospital e o cesamento do responsable da área sanitaria, Félix Rubial.
Decenas de milleiros de persoas saen de novo ás rúas de Vigo para esixir o "rescate" do novo hospital e o cesamento do responsable da área sanitaria, Félix Rubial.
ENTREVISTA A desfeita do Álvaro Cunqueiro é unha das máis recentes consecuencias da política que PPdeG comezou a ensaiar hai xa anos, coas fundacións hospitalarias que houbo que reintegrar no sistema público. As portas xiratorias explican, en parte, esta dinámica, que analiza o libro A comercialización da saúde. O hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa (Laiovento), coordinado por Pablo Vaamonde.
ENTREVISTA Miguel Ucles, bombeiro en Vigo e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia fala de "caos" na asistencia ao incendio que arrasou unha nave industrial en Moaña e culpa da descoordinación á proliferación de parques de xestión privada.
O absentismo increméntase un chisco con respecto ao mércores e volve situarse entre un 70% e máis do 80%, segundo os datos das anpas, mentres Feijóo culpa dos datos ás "campañas de desinformación". Falamos cun director dun colexio que explica o "estrés" que provocan as probas nos nenos.
16 localidades aprobaron mocións en contra do tratado de libre comercio UE-EE.UU, unha cifra só superada por Cataluña e a Comunidade Valenciana e á altura de Andalucía. As últimas, Rianxo, Manzaneda e Allariz.
Un informe elaborado polo Comité de Empresa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social critica o deterioro das instalacións, o empeoramento das condicións de traballo e a falta de material
As anpas cifran entre o 70 e o 80% o seguimento do boicot ás polémicas probas que impón a Lomce e que baleiraron moitas aulas de 6º de Primaria en Galicia. A Xunta recoñece un 40% mentres toda a oposición pide no Parlamento a paralización da lei Wert.
Outra gran mobilización pide este xoves 12 "recuperar" o Álvaro Cunqueiro e o Meixoeiro para a sanidade pública e denuncia as deficiencias e carencias derivadas da xestión público-privada e dos recortes provocados por "un modelo que prima o negocio".
Hai unhas semanas comezou unha campaña de recollida de achegas para colaborar na recuperación deste inmoble abandonado no lugar de Vilar de Ernes (Negueira de Muñiz), de xeito que poida servir como escola e centro comunitario.