Movementos sociais
PSOE e Ourense en Común piden protexer Benposta
Presentan unha moción para incluír o espazo no inventario xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, limitando ademais os usos urbanísticos permitidos. Os terreos foron adquiridos esta semana pola empresa de transporte Alfer por 400 mil euros.
Alcalde, republicano, asasinado
A represión que seguiu á sublevación militar de xullo de 1936 acabou coa vida de máis de 30 rexedores galegos, entre eles os de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense e os catro gobernadores civís. Valga homenaxea este sábado a Celestino Carbia, alcalde fusilado en 1937. Mapa no interior
Denuncian ante a Fiscalía os atrasos nas consultas oncolóxicas en Santiago
Defensor do Paciente envía unha carta ao fiscal superior de Galicia solicitándolle que actúe ante a denuncia polas demoras de ata oito meses nas revisións de doentes con cancro que "poñen en risco a súa calidade de vida e curación".
A idade media da maternidade dispárase en Galicia neste século
Máis do 70% dos nacementos no país son de nais de entre 31 e 40 anos, vinte puntos máis que en 2000. O número de partos en mulleres de máis de 40 anos triplicouse desde o comezo do milenio.
Enaltecemento de que? A propósito da ficción e as leis
Arturo Casas
“Ver como algo natural que unha cea de negocios remate nun club de prostitución é algo terrible"
Esta semana Lugonovo denunciou as vallas publicitarias que en distintos lugares da cidade promocionan estes tipo de negocios. Falamos co colectivo Vagalume, que denuncia a "gravidade" de "normalizar" estas prácticas e pide unha maior "educación social".
Doentes alertan de atrasos de ata oito meses en consultas de oncoloxía en Santiago
Pacientes oncolóxicos do CHUS advirten de reprogramacións das revisións periódicas: "se a tiñas cada seis meses, duplícanche o prazo" e SOS Sanidade asegura que un novo programa informático incrementa estas demoras, que o Sergas di descoñecer.
Un espazo para pensar o rural dende o feminismo e os saberes comúns
O Programa de Estudos Ruralidades, Feminismos e Comúns, impulsado por varios grupos da USC, comunidades de montes e colectivos como Alg-a Lab e Montenoso busca ser un lugar de "intercambio e produción de coñecementos" no que participen institucións, artistas e entidades sociais.
Fronte ás reválidas: Desobediencia civil
Comisión Permanente do S.N. do STEG
VÍDEO | Badaladas pola prevención do suicidio en Galicia
O Movemento Galego da Saúde Mental lanza unha campaña para reclamar a elaboración inmediata dun Plan Galego de Prevención do Suicidio. Galicia rexistrou en 2014 a maior cifra deste tipo de mortes en vinte anos.
'Nacer todas as mañás': Berro contra o xornalismo "anestesiado" na honra de José Couso
O xornalista Fran P. Lorenzo é o autor do texto que pon as verbas na entrega do premio José Couso á liberdade de prensa, que recibe Miguel Ángel Aguilar este 3 de maio en Ferrol.