Movementos sociais
Quince meses de cadea a tres estudantes por "atentado contra a autoridade" nunha protesta ante Feijóo
Os mozos aceptaron a condena logo dun pacto coa Fiscalía para evitar a entrada en prisión, aínda que manteñen a súa inocencia. Terán que pagar máis de 1.000 euros en concepto de indemnizacións aos axentes da policía
A loita de Hadrián por unha xusta atención educativa bate co desleixo da Xunta
O conselleiro de Educación planta a nai deste pequeno de Malpia, coa que concertara unha xuntanza para tratar a problemática do seu fillo, que reclama máis horas de atención domiciliaria ao non poder acudir ao colexio por unha grave enfermidade. Tan só recibe seis á semana.
Por que esta Renda Básica non é sustentable
Manuel Casal Lodeiro
Unha lexislatura de retrocesos para a liberdade de prensa
O informe do Instituto Internacional de Prensa, publicado a pasada semana, alerta de numerosas eivas para a información en España, dende a Lei Mordaza ao funcionamento dos medios públicos. O documento únese ás críticas realizadas polo Colexio de Xornalistas e outras entidades.
As PAH galegas piden no Parlamento medidas urxentes para asegurar o dereito á vivenda
Entregarán este martes unha proposta de moción na que demandan modificacións lexislativas e accións políticas para evitar os desafiuzamentos, crear un parque público de vivenda e alugueiro social e garantir os subministros básicos.
A síndrome de novembro
Marta Rodríguez Engroba
Histórica e multitudinaria marcha estatal contra as violencias machistas
Milleiros de persoas participan na primeira marcha estatal contra as violencias machistas para esixir que as agresións de xénero se convirtan en cuestión de Estado. Unha ampla comitiva galega participou na manifestación.
Galicia tamén berrará en Madrid contra todas as violencias machistas
Doce autobuses e centos de persoas uniranse á marcha de Madrid este sábado, a primeira mobilización estatal contra a violencia machista á que se unirán colectivos de todos os territorios. Todos os partidos, agás PP e Ciudadanos, apoian a protesta.
Santa Cruz, á procura do mar
O Concello de Oleiros concedeulle á sociedade Hostcastros (do empresario Manuel Collazo) licenza para construír un hotel que limitará moito a visión do mar e o Castelo de Santa Cruz dende o centro da localidade. A plataforma veciñal oposta ao proxecto convoca unha asemblea aberta.
Desprazamento universal
María Xosé Queizán
ENCE e os seus efectos, en 84 preguntas e respostas
Asociacións veciñais e a APDR repartirán 15 mil exemplares do Libro Branco sobre ENCE, co que queren facer fronte á "manipulación informativa" da pasteira. A empresa acusa o documento de conter "mentiras e verdades a medias" e anuncia que presentará o seu propio informe.