A loita do cerco galego: 14 días acampados ante a Xunta
Armadores e mariñeiros levan dúas semanas na rúa, con máis de cen tendas fronte a San Caetano, en representación dos 120 barcos da pesca artesanal ameazados por un "inxusta repartición" de cotas que, advirten, pode levalos "á desaparición". Bruxelas é agora a súa esperanza.