Movementos sociais
O acordo lácteo que queda en "papel mollado"
O SLG denuncia que as subas prometidas no prezo do leite non adoitan nin alcanzar 1 céntimo e que só serven para que as industrias "aumenten a súa marxe de beneficio" mentres "seguen a obrigar a asinar contratos de importes miserables".
A Audiencia de Madrid ratifica a liberdade dos acusados de matar a Jimmy
Os maxistrados cren "plenamente xustificada" a liberdade dos catro presuntos asasinos, malia que a policía os considera autores materiais da morte do ultra galego. A decisión engade sombras ao proceso ante o intento de pechar a instrución malia as revelacións dunha testemuña protexida
O apoio do PSOE á renda social da Coruña garantirá a súa aprobación
O alcalde e a concelleira Silvia Cameán presentarán este luns o proxecto de Renda Social Municipal ao tecido asociativo da cidade. A axuda, de 532 euros mensuais, cubrirá as necesidades básicas de entre 500 e 1000 familias sen acceso á RISGA.
A cidadanía, chamada a saír este luns á rúa contra a violencia machista
Varias concentracións en localidades galegas en repulsa polo asasinato do pasado sábado en Ponte Sampaio. "Estamos fartas de estar fartas e non imos ficar paradas ata rematar con esta lacra", di a Plataforma Feminista Galega
Sanches Maragoto, elixido novo presidente da AGAL
Substitúe no cargo a Miguel Penas tras recibir un 87% dos votos favorables no proceso electoral levado a cabo pola Associaçom Galega da Língua
No 7 de novembro eu vou à Marcha Contra as Violências Machistas
Paula Rios
De verdade aínda non é tarde?
Marta Rodríguez Engroba
Outro asasinato eleva a cinco as vítimas da violencia machista en Galicia en 2015
A ex parella da acoitelada, detido en Soutomaior, é o presunto autor do crime. Dende 2008, 34 mulleres perderon a vida por causa da violencia de xénero no país
As Marchas apelan á unidade contra os que "malvenden os nosos dereitos"
Centos de persoas maniféstanse no Obradoiro volvendo reclamar "pan, traballo e teito" e chamando a "traballar conxuntamente" contra os que "recortan os dereitos para facer negocio con eles"
A xustiza absolve a Nicanor Acosta tras ser multado por intentar parar un desaloxo
A Subdelegación do Goberno sancionara con 600 euros este coñecido activista coruñés de 76 anos tras participar na mobilización para deter o desafiuzamento da anciá Aurelia Rey
O BNG denuncia “trato discriminatorio” do IGAPE no evento 'Galician Gourmet Extravaganza'
A deputada Carme Adán rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que pregunta polas medidas adoptadas pola Secretaría xeral de Igualdade ante o trato discriminatorio ás azafatas interpretes do evento, patrocinado pola Xunta, ás que se lles esixía "boa presenza"