Movementos sociais
O goberno de Triacastela teima en montar unha tourada e arríscase ao boicot turístico
Comerciantes e hostaleiros da vila lucense temen que os peregrinos eviten a zona por mor da celebración do espectáculo taurino suprimido en Sarria tras saír o PP do Concello. GMST e activistas locais tentan frear o evento cunha denuncia pola posible falta de licenza da praza de touros portátil.
Son agrogay!
O Colectivo Agrogay da Ulloa celebra o vindeiro día 29 en Monterroso a segunda edición do seu festival, unha aposta por "visibilizar un rural diverso, afectivo e sexualmente"
O mundo das emocións: do esquecemento ao papel protagonista
Martiño Riera
17 de agosto: Memoria da Galicia asasinada
O Día da Galiza Mártir homenaxea a figura de Alexandre Bóveda e lembra as case 5.000 persoas asasinadas polos franquistas no país.
789 homes asasinaron as súas parellas ou ex parellas nos últimos 12 anos no Estado
A esta cifra poderían sumarse outros oito casos que se atopan en investigación, entre os que están o dobre crime das rapazas de Cuenca e o da pasada semana en Catalunya.
O clamor popular contra as touradas
Ramiro Vidal Alvarinho
Os sindicatos piden a dimisión da conselleira por "incompetencia manifesta" ante os lumes
CIG, CCOO, UGT e CSIF volven reclamar a marcha de Rosa Quintana, á que acusan de "mentir" no número de efectivos dun dispositivo contra incendios que cren insuficientes e descoordinados. BNG e AGE solicitan un pleno extraordinario e Ana Miranda leva a problemática á UE.
Salou non é Baltimore
Héctor Tomé Mosquera
Uns 500 tractores ateigan Lalín pedindo "prezos dignos" para o leite
Outra masiva mobilización de gandeiros reclama solucións inmediatas á crise do sector leiteiro na capital do Deza, cuxo alcalde, Rafael Cuiña, participou subido no seu tractor e pediu "unidade" política a prol das explotacións e do rural.
Oposición e sindicatos censuran a política anti-incendios da Xunta
PSdeG, AGE e BNG cren insuficiente o mecanismo autonómica de loita contra os lumes e CCOO, UGT, CIG e CSIF denuncian a "falta de medios na loita contra a vaga de lumes" e acusan a Medio Rural de achegar datos de efectivos "que non se corresponden coa realidade".
Despedido de 'El Correo Gallego' por un chío en Twitter e por apoiar a Noriega en Facebook
O xornalista Nicolás Navaza denuncia que a empresa o botou logo dun tuit na rede social e de apoiar un comentario do alcalde de Compostela no que se solidarizaba cos traballadores que sofren atrasos nas nóminas e criticaba o gasto de 200.000 euros en publicidade por parte do anterior goberno.