A teima en Triacastela non evita o esmorecemento das touradas en Galicia
A vila lucense celebrou uns polémicos festexos entre as protestas de veciños e cargos públicos. A localidade é unha das tres que aínda acolle touradas no país, onde tan só se celebran xa cinco corridas ao ano. O apoio social á abolición aumenta con 245.000 sinaturas en Galicia contra a tauromaquia.