O sector lácteo colapsa Lugo e esíxelle a Feijóo que "goberne"
Centos de tractores arrodean a Muralla lucense para esixir prezos xustos para o leite galego. Os gandeiros valoran prolongar a mobilización a este venres
Centos de tractores arrodean a Muralla lucense para esixir prezos xustos para o leite galego. Os gandeiros valoran prolongar a mobilización a este venres
O Sergas desmente "categoricamente" que a doente se contaxiase no Álvaro Cunqueiro e garante a seguridade e calidade do aire nas áreas operativas do centro de Beade
A conselleira cre que "o tempo porá todo no seu lugar" e destaca que o centro foi "construído na maior crise económica e financeira deste país". Besteiro, pola contra, considera a xestión do Álvaro Cunqueiro un "gran fiasco" que "levará por diante a Feijóo".
A Consellería de Educación sinala que o seu novo "fondo solidario" xa recolleu 200.000 manuais mentres as asociacións de pais e nais aseguran que "de momento non se sabe nada" e advirten de que a implantación da LOMCE incrementa a incerteza.
A xunta de persoal non descarta acudir á Fiscalía ante os incumprimentos da concesionaria, o "escurantismo" e o silencio do Sergas ante as deficiencias do novo centro. A AGDSP acude á Comisión Europea e unha marcha que se espera "masiva" protestará este xoves polo caos
"Los nombres de las ciudades los determina la tradición", mantén un responsable de ADIF en resposta a un usuario que reclamou que a compañía pública empregue a toponimia correctamente.
O foco de Cualedro arrasou máis da metade de toda a superficie que ardeu no país en Galicia durante o mes de agosto. Desde o pasado maio, 72 incendios importantes afectaron numerosos municipios, especialmente na provincia de Ourense
A poboación residente en Galicia que marchou ao estranxeiro triplicouse en dez anos. O saldo migratorio galego co Estado en 2014 foi o peor dende o inicio da crise, mentres que mellora a respecto do resto do mundo.
O Estado busca un acordo entre todas as partes para detallar o prezo do produto en toda a cadea. Suporía fixar un prezo mínimo de impedir vender a perdas e de aplicarse sancións, demandas que os sindicatos e gandeiros non cren que acepten distribuidores e industria.
As análises microbiolóxicas confirman a presenza desta clase de fungos, segundo adianta GCiencia. Oposición e plataformas pola sanidade pública insisten na paralización total do traslado e piden "explicacións e claridade" á Xunta para "non aumentar a alarma social"
Unhas 3.000 hectáreas arrasadas nun "Gran Incendio Forestal", agora xa estabilizado, que comezou na aldea de Lucenza e se estendeu xa a Baltar, Xinzo e Trasmiras. Outros focos na provincia de Ourense afectaron tamén a unhas 700 hectáreas máis, 250 delas en espazo protexido pola Rede Natura.