Movementos sociais
O MGSM acusa o Sergas de "eludir a súa responsabilidade" no "grave problema" do suicidio
Co gallo do Día Mundial de Prevención do Suicidio, a plataforma reclama "visibilizar" este asunto e un plan específico para o seu tratamento. A nosa comunidade rexistra a taxa máis elevada de casos en toda España, cun forte incremento nos últimos anos.
La Capital: Loita polo emprego, loita pola pluralidade informativa
Os traballadores e traballadoras de Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e DXT levarán a cabo unha nova folga o vindeiro 15 de setembro. Falamos con Alberte Amado (CIG) sobre a situación desta empresa, que reduciu un 40% o seu persoal nos últimos anos.
Unha multitude esixe que acordo lácteo free o "saqueo" das granxas galegas
Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago e Lugo para reclaman un "marco estable de prezos" do leite mentres no Ministerio de Agricultura a industria e a distribución formulan unha proposta de acordo do que os sindicatos galegos recean por falta de "garantías". Audio e galería de imaxes no interior.
Como mellorar a aplicación da RISGA, en 9 medidas
A Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso) elaborou nos últimos meses un documento que analiza a normativa e a aplicación desta renda social e que ofrece unha serie de suxestións para un labor de inclusión máis axeitado.
Greenpeace vincula unha empresa galega coa importación de madeira ilegal
Unha investigación do colectivo ecoloxista revela que unha firma galega importou madeira de Camerún procedente dunha compañía que se abastece de operacións forestais ilegais. A Comisión Europea xa abriu un proceso de infracción contra o Estado polo incumprimento da Lei de Madeira
"Hai que priorizar o rescate das políticas públicas para que volvan estar ao servizo da cidadanía"
ENTREVISTA Falamos con Alexandre Carrodeguas, un dos voceiros da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga, sobre o proceso de recuperación do control público deste e doutros servizos básicos.
Os gandeiros esixen "liderado" a Feijóo ante Ministerio, industria e distribución
O sector lamenta que na xuntanza co presidente abondasen as "boas palabras" pero non os "feitos" e reclaman apoio ante a crucial xuntanza deste xoves en Madrid. As protestas continúan nas rúas de Santiago co bloqueo do centro loxístico de DIA e o reparto de leite de balde. Audio no interior
Un novo curso escolar que empeza entre recortes e protestas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou xa unha concentración para o vindeiro 16 de setembro ante a Consellería. Denuncia "falta de profesorado, masificación nas aulas e perda de peso do galego", ademais do "desorde" que supón a aplicación da Lomce
"Necesítanse políticas a longo prazo que faciliten a integración dos refuxiados"
As entidades con experiencia no traballo con asilados e migrantes demandan programas permanentes de acollida, planificados entre as distintas administracións coa colaboración do tecido social. Falamos con Carlos Villar e Patxi Hurtado (Ecos do Sur) e con Lorena Seijo (Agareso)
O empeoramento da sanidade pública galega: menos investimento, máis gasto cidadán
O orzamento sanitario per cápita no país descende en 85 euros e o gasto privado de cada persoa aumenta en 80, segundo o último informe anual da FADSP. Galicia mantén uns servizos "regulares" e é a segunda autonomía con maior gasto farmacéutico por habitante e a de menos xenéricos
Feijóo accede a recibir os gandeiros coa tractorada ás portas da Xunta
O goberno galego muda a súa axenda tras adiantarse o cerco dos tractores a San Caetano. Os tractoristas concentrados en Lugo preparan unha manifestación na xornada da crucial xuntanza do sector no Ministerio de Agricultura.