O Colexio de Avogados da Coruña ofrécese a 93 concellos para tramitar o asilo dos refuxiados
O colectivo envía unha carta aos concellos dos sete partidos xudiciais do seu ámbito para colaborar na asistencia, acollida, acompañamento e tramitación das peticións de asilo dos refuxiados que cheguen nas vindeiras semanas. "É necesaria unha resposta urxente, solidaria e activa", di.