Tractoradas a pares: centos de gandeiros en Lugo e milleiros a Santiago
Varios centos manteñen a concentración "indefinida" en Lugo e non acudirán a Compostela, onde a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo prepara as catro xornadas de mobilización con 5.000 tractores desde este luns. Sindicatos e produtores acusan a Xunta de "intentar dividir"