17 de agosto: Memoria da Galicia asasinada
O Día da Galiza Mártir homenaxea a figura de Alexandre Bóveda e lembra as case 5.000 persoas asasinadas polos franquistas no país.
O Día da Galiza Mártir homenaxea a figura de Alexandre Bóveda e lembra as case 5.000 persoas asasinadas polos franquistas no país.
A esta cifra poderían sumarse outros oito casos que se atopan en investigación, entre os que están o dobre crime das rapazas de Cuenca e o da pasada semana en Catalunya.
CIG, CCOO, UGT e CSIF volven reclamar a marcha de Rosa Quintana, á que acusan de "mentir" no número de efectivos dun dispositivo contra incendios que cren insuficientes e descoordinados. BNG e AGE solicitan un pleno extraordinario e Ana Miranda leva a problemática á UE.
Outra masiva mobilización de gandeiros reclama solucións inmediatas á crise do sector leiteiro na capital do Deza, cuxo alcalde, Rafael Cuiña, participou subido no seu tractor e pediu "unidade" política a prol das explotacións e do rural.
PSdeG, AGE e BNG cren insuficiente o mecanismo autonómica de loita contra os lumes e CCOO, UGT, CIG e CSIF denuncian a "falta de medios na loita contra a vaga de lumes" e acusan a Medio Rural de achegar datos de efectivos "que non se corresponden coa realidade".
O xornalista Nicolás Navaza denuncia que a empresa o botou logo dun tuit na rede social e de apoiar un comentario do alcalde de Compostela no que se solidarizaba cos traballadores que sofren atrasos nas nóminas e criticaba o gasto de 200.000 euros en publicidade por parte do anterior goberno.
A Comisión Europea presentará esta proposta primeiro á Eurocámara e aos 28 e, máis tarde, aos EUA, que semella estar de acordo. Bruxelas pensa en persoas con cualificación comparable á dos xuíces pero que non teñen por que ser maxistrados.
CIG, CCOO e UGT alertan do "golpe sen precedentes" que están a punto de sufrir os menores infractores en Galicia e acusan o Executivo de promover unha redución de persoal na relación de postos de traballo
"Dedicamos moitos cartos á extinción que deberiamos empregar na prevención, pero os incendiarios non deixan que sexa así", asegura o presidente da Xunta, que limita a problemática á conduta de determinados cidadáns que queiman o monte "co interese de facer dano".