Movementos sociais
Facer fronte á vespa asiática "dende o coñecemento e a calma"
A Asociación Galega de Apicultura lanza a campaña Stop Vespa Velutina, con charlas informativas e colocación de trampas para previr a proliferación desta especie invasora, especialmente perigosa para as abellas e para algúns profesionais.
Corrupción e proceso penal
Xoán Antón Pérez-Lema
O Estado regula o 'fracking' para impedir o veto das autonomías á polémica técnica
PP e PNV rexeitan as emendas á totalidade da reforma da Lei de Hidrocarburos, que impide o rexeitamento das autonomías á fractura hidráulica. O BNG advirte que Galicia "quedará a expensas do que decida Madrid" e censura as compensacións que pretenden "acalar a protesta social".
"Non pasarán": Un muro en defensa da sanidade pública
SOS Sanidade Pública realizou unha acción na Coruña, un 'muro defensivo simbólico' contra o avance dos recortes e as privatizacións, para presentar as mobilizacións que se realizarán en todas as cidades galegas o vindeiro xoves 19
Os emigrantes retornados volven á rúa "por unha regulación legal clara e precisa"
A Coordinadora Galega maniféstase o vindeiro sábado en Compostela para rexeitar as "deficiencias" da reforma tributaria do Goberno central, que consideran que segue a "discriminar" os emigrantes e que impón a "retroactividade" aos milleiros de afectados.
A mortalidade por infarto en Lugo duplica a media estatal
O INE certifica en Lugo 76 mortes por infarto por cada 100.000 habitantes e 35 na media do Estado. A unidade que atende estas doenzas no Hospital Lucus Augusti só atende en horarios de oficina malia ás peticións veciñais e do propio Servizo de Cardioloxía do centro sanitario.
A loita das comunidades de montes de Pontevedra para reclamar o que é de todos
Os comuneiros e comuneiras de Xeve iniciarán unha batalla xudicial pola titularidade dos terreos que hoxe ocupa un campo de tiro. Únense a outras reivindicacións levadas a cabo na comarca de Pontevedra nos últimos anos polas terras da base da Brilat ou polo espazo do Hospital Montecelo.
Os primeiros froitos da 'Semente' de Monforte
Unha web de compra de madeira, unha asesoría de agricultura ecolóxica e unha app para público infantil obteñen os premios do concurso de proxectos empresariais organizado por esta iniciativa, nacida o pasado ano co impulso do premio da lotaría caído nas Terras de Lemos.
Alerta en Povisa ante a inminente execución dos 13 despedimentos
A folga de fame de tres traballadores tenta evitar o novo recorte de persoal no policlínico vigués. A CIG Saúde esixe a implicación da conselleira de Sanidade no conflito e denuncia "presións próximas á tortura" contra o persoal en folga. Vídeo no interior
"A rúa é perigosa porque non hai nenos nela, está abandonada"
O psicopedagogo Francesco Tonucci repasa en Galicia o seu modelo urbano, baseado en cidades no que a infancia sexa "prioritaria" fronte "aos coches", e as súas aplicacións prácticas en urbes como Roma ou Pontevedra.
2015 Ano Zero: A hora de Portugal
Isabel Rei