As vítimas do accidente do Alvia, "decepcionadas" tras o encontro con Ana Pastor
Atoparon unicamente boas palabras na ministra de Fomento e no presidente de Renfe, que eludiron as súas demandas de cesamentos e de creación dunha comisión parlamentaria de investigación para analizar as responsabilidades políticas do sinistro.