Movementos sociais
A privatización dos comúns que acendeu a Primavera Turca
É #OccupyGezi a primeira revolución incendiada polo procomún urbano? O proxecto EuroVegas de Madrid, como destaca Pablo de Soto, "é un escándalo de privatización e excepción da legalidade ao nivel da destrución do parque Gezi en Taksim".
Lugo acolle o Encontro de Estudantes xitanos de Galicia
O evento terá lugar este sábado e busca xerar un espazo de reflexión para as familias e estudantes xitanos e xitanas en torno á importancia do ensino na súa comunidade e tamén un espazo no que se poidan elaborar propostas que faciliten a súa continuidade no sistema educativo
Alegacións e posible denuncia á Fiscalía contra a ampliación da mina de Corcoesto
Salvemos Cabana presenta alegacións ante o novo permiso de exploración e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto levará ás fiscalías de Medio Ambiente e Anticorrupción o plan para converter a zona na megaplanta de tratamento galega "se a Xunta non o para".
ALEAS-EU chama a realizar unha manifestación unitaria do Orgullo LGTBI
A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida rexeita "a mercantilización e o uso partidista da convocatoria na Coruña" e defende "un Orgullo combativo, antipatriarcal, feminista, ecoloxista e anti-heteropatriarcal".
Amigos da Terra e o Fondo Galego apostan pola protección medioambiental en Nicaragua
As dúas entidades celebran o Día Mundial do Medio Ambiente difundindo o seu apoio á conservación de dúas reservas naturais no Golfo de Fonseca
"As reformas só pretenden obrigarnos a elixir entre un traballo indigno ou o paro"
José Antonio Gómez, reelixido a pasada fin de semana secretario xeral da UGT-Galicia, alerta da "estratexia" da dereita que procura "un exército de traballadores precarios e unha tremenda devaluación salarial".
O PSdeG reclama de "Non somos cidadáns de segunda" e demanda sanidade de calidade en Lugo
Unha representación do partido na provincia, encabezada por José Ramón Gómez Besteiro e ao redor de 40 alcaldes e voceiros locais, asinou un manifesto que reclama os servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para o HULA.
O PP apoia a sanción a Jorquera mentres a oposición sae na súa defensa
PSdG e AGE cualifican de "cafrada" e "tic autoritario" o expediente aberto ao voceiro nacionalista e outras sete persoas por deter o desafiuzamento de Aurelia Rey na Coruña. Vídeo no interior.
Sancionan a Jorquera, dous edís e un bombeiro por deter o desaloxo de Aurelia Rey
Xosé Manuel Carril, concelleiro do Bloque, e César Santiso, de EU, anuncian que pedirán explicacións a Interior de confirmárense os expedientes abertos pola Subdelegación do Goberno e dos que se enteraron pola prensa.
Polo d+ m= ;-)
Nel Vidal
Máis do 60% dos xornalistas da TVG denuncian manipulación informativa
Os Comités de Empresa da CRTVG entregan no Parlamento 345 sinaturas recollidas entre os traballadores e traballadoras dos medios públicos en demanda dun Estatuto Profesional e denunciando "a manipulación informativa que se practica na TVG e na RG".