A 'Burla Negra' transfórmase en Radio Buguina para alertar de que "veñen contra todos"
Presentouse en Ferrol a iniciativa artística Carga de Dignidade, que este domingo chama a encher de roupas a verxa de Navantia
Presentouse en Ferrol a iniciativa artística Carga de Dignidade, que este domingo chama a encher de roupas a verxa de Navantia
O informe das recomendacións da UE volve insistir en afinar o gasto en servizos como a sanidade ou a Xustiza e pide ir máis aló coa aplicación da reforma laboral
A Coruña, Lugo, Ourense e Compostela engádense a Vigo na marcha europea que percorrerá unhas cen cidades do continente para protestar "contra as políticas de austeridade e a ditadura dos mercados". Mapa no interior.
A cámara aprobou por unanimidade de todos os grupos unha declaración institucional proposta por AGE que lles esixe "ás empresas galegas e estatais que subcontratan pedidos ás factorías téxtiles en Bangladesh e outros países que apliquen prácticas de produción con responsabilidade social"
A oposición critica a "violencia institucional" do PP coas mulleres e cúlpao de crear un problema "onde non o hai". "Nos nosos úteros e nas nosas vaxinas mandamos nós; obrigarnos a parir tamén é violencia institucional", insistiu Eva Solla, deputada de AGE.
Galicia Mellor sen Touradas presena xunto a BNG, EU e PSdeG unha iniciativa que pide que o Concello deixe de apoiar a feira taurina local e que está referendada por máis de 21.000 sinaturas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou un calendario de mobilizacións co obxectivo de frear a aprobación da Lei Wert. Coincidindo co debate parlamentario da LOMCE levarase a cabo unha Marcha a Compostela dende diferentes localidades e comarcas do país.
A Plataforma Galega Pola Defensa do Dereito ao Aborto volve á rúa para rexeitar a reforma lexislativa que atribúe á presión exercida pola Igrexa sobre a dereita máis "clasista, retrógrada e machista", á que acusa de intentar "aproveitar a súa maioría absoluta" para impoñer as súas teses máis extremas.
O INE realiza por primeira vez un estudo sobre a violencia de xénero no que se recolle que a nacionalidade predominante entre as vítimas e os agresores é a española. En tan só un ano, Galicia rexistrou 1.521 delitos por agresións machistas.
Salvemos Cabana presenta no Parlamento 23.000 firmas contra o proxecto, mentres o colectivo favorable reúne unhas 5.500 e defende a infraestrutura "aínda que só dea traballo un ano". PSdeG, AGE e BNG reiteran o seu rexeitamento frontal á infraestrutura e piden á Xunta que recapacite.