Eu, cidadán terrorista
Marga Tojo analiza as respostas represivas do Estado aos movementos sociais e as estratexias de construción retórica de inimigos, relacionadas co proceso xudicial aberto contra varios militantes do independentismo galego
Marga Tojo analiza as respostas represivas do Estado aos movementos sociais e as estratexias de construción retórica de inimigos, relacionadas co proceso xudicial aberto contra varios militantes do independentismo galego
Salvemos Cabana presenta ás administracións un plan de viabilidade económica que aposta polo sector primario, a produción orgánica e o turismo de calidade para xerar emprego e benestar na comarca en contraposición á polémica mina.
O 16 de xuño terá lugar unha gran manifestación nacional en Compostela organizada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que será precedida de actos informativos e concentracións noutras cidades nas vindeiras semanas.
A reunión dos comuneiros celebrada este domingo pola mañá tivo que ser suspendida ante as protestas cidadás, que denunciaban a falta de transparencia e pedian que se votase en urna. Un forte dispositivo policial provocou a detención de tres persoas polas protestas.
Ás habituais celebracións do Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR) incorporouse este ano un escracho ao ILG. Xogos, unha breve manifestación, concertos e o pregón de Teresa Moure completaron o programa.
O domingo 2 de xuño unha iniciativa artística chama a cidadanía a pendurar pezas de roupa da reixa de Navantia, a imitación do que xa fixeron en varias ocasións os traballadores cos seus buzos. Un acto artístico, popular, efémero e reivindicativo que sinala o sector naval como símbolo dunha sociedade arrasada.
Uns 200 tractores responderon ao chamamento da Plataforma Veciñal Corno do Monte e denunciaron a actitude da Xunta e do alcalde da vila: "nos periódicos din unha cousa, pero a hora da verdade nos papeis din outra"
Milleiros de persoas maniféstanse de novo ante a residencia de Núñez Feijoo e sinalan como culpables da súa situación os deputados populares que aprobaron a quita. Tamén chamaron a incrementar a accións contra os concelleiros conservadores en toda Galicia. Galería de imaxes e audio no interior.
Entrevista ao avogado Carlos Slepoy, impulsor da querela presentada en Arxentina contra os crimes do franquismo. Entre os imputados están Martín Villa, o sogro de Gallardón ou o torturador Billy el Niño. "En España produciuse un xenocidio, unha persecución planificada contra un enorme sector da sociedade", denuncia.