Movementos sociais
O PSdeG denuncia que a Xunta "confía na chuvia" a súa política contra os lumes forestais
Este luns reuniuse a Comisión de Seguimento dos Lumes, formada por ONGs, sindicatos agrarios e dirixentes socialistas. O PSdeG acusa o PP de renunciar á política de prevención e de querer trasladarlles responsabilidades nos incendios aos concellos
"O pacto social demostra por que non é posible máis unidade sindical en Galiza"
A CIG celebra esta fin de semana o seu VI Congreso Confederal, no que o actual secretario xeral, Suso Seixo, optará á reelección no seu cargo. Rexeita o pacto social, "do que só saca beneficio o poder o capital", e aposta por manter a política de "confrontación" coas políticas da Xunta e do Estado.
Persoeiros galegos alzan a voz: "Salvemos Galicia da megaminería!"
Carlos Blanco, Suso de Toro ou Fernando Vázquez protagonizan un vídeo no que alertan ao mundo dos graves riscos que supón para o país a política mineira da Xunta e únense á recollida de sinaturas para deter os numerosos proxectos. Vídeo no interior.
A Mesa xa estuda accións xudiciais tras as multas ás autoestradas por rotular en galego
A Garda Civil impón 54 multas de 3.000 euros ás concesionarias por usar a palabra 'peaxe' e non 'peaje' nos viais galegos.
Lingua e soberanía, a debate
Carme Hermida, Eduardo Maragoto, Goretti Sanmartín e Henrique Monteagudo falarán este martes a partir das 20.30 na Nave de Vidán sobre a relación entre a soberanía e a normalización lingüística e as vantaxes e inconvenientes de que ambos os dous procesos se liguen.
Seixo optará a seguir liderando a CIG no VI congreso do sindicato
Ve "con normalidade" que haxa candidaturas alternativas e rexeita o pacto social porque "vai acompañado de cesión de dereitos aos traballadores".
Saskia Sassen. A nova xeografía da marxinalidade
Ana Luísa Bouza
Medo ao reintegracionismo?
Alfredo Ferreiro
Nace un portal para loitar contra a minaría tóxica
Salvemosgalicia.org comezará a operar en xuño co obxectivo de "alertar, informar e actuar en colaboración coas comunidades afectadas fronte aos proxectos de minaría contaminante" que tentan instalarse en Galicia
Centos de persoas camiñaron contra o proxecto de Porto Cabral
Unha andaina convocada polos colectivos contrarios aos proxecto da multinacional Eurofund reclamou que a decisiva votación que os comuneiros realizarán o vindeiro domingo 26 se realice en urna para evitar coaccións e manipulación.
A débeda ilexítima, a debate
A Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda organiza este sábado 25 en Compostela un encontro no que participarán Marta Rodríguez, Carlos Taibo ou o colectivo portugués Democracia e dívida, ademais de entidades en loita no ensino, vivenda, saúde, afectadas pola banca, medio rural e feministas.