Movementos sociais
A Xunta reduce a achega para cooperación nun 38% e as ONGDs acusan o PP de mentir na campaña electoral
Por primeira vez dende 2005 o Goberno galego non dedicará fondos a novas convocatorias de proxectos de cooperación exterior. A achega total supón apenas o 0,05% do orzamento, lonxe do 0,7 % comprometido para 2017 polos partidos que asinaron o Pacto Galego contra a Pobreza.
Denuncian a Xunta e a Fenosa ante a Fiscalía polo encoro de Frieira
A Asociación Ecoloxista Coto do Frade censura os danos causados no río Miño pola compañía eléctrica "coa conivencia das administracións" e achega datos, informes e imaxes sobre as irregularidades. Piden o "derrube" da presa. Vídeo no interior.
A SGHN alerta dos efectos da rotura da futura balsa de Corcoesto
A entidade cre que en Corcoesto habería "un risco potencial dun verquido que duplicase en volume ao de Aznalcóllar e xerase unha onda de lodos e augas tóxicas considerablemente máis alta e máis rápida e, polo tanto, máis destructiva".
Unha noite de palabra e música para implicarse
Implicadas/os No Desenvolvemento celebra a sétima edición do festival Implícate! Noite de música e palabra solidaria. Será o 13 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, coa participación de Budiño, Sés, Xoán Curiel, Quique Peón, Carlos Negro, Eva Veiga ou Anxo Angueira.
En Laponia hai touradas
Rubén Pérez
O Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais presenta as súas primeiras iniciativas
Deputadas de PSdeG-PSOE, AGE e BNG preguntaron no Parlamento polas axudas para as sociedades protectoras e aos refuxios sen ánimo de lucro, polas corridas de touros e o acceso a elas de menores, polas condicións nas que se atopan os zoolóxicos ou pola compra-venda de animais domésticos.
A Comisión Europea non foi informada do proxecto mineiro de Corcoesto
O responsable de Medio Ambiente da UE, Janez Potocnik, vén de afirmar en resposta a unha pregunta da eurodeputada do BNG Ana Miranda que o executivo comunitario non ten información sobre este plan de explotación do subsolo.
Denuncian a supresión do servizo de correos na zona rural
O Partido da Terra afirma que a medida se porá en marcha ao longo de 2013, en virtude dun decreto de 2008 que deixaba nas mans da empresa estatal a decisión de manter ou non o servizo en lugares de baixa densidade de poboación.
45 papaventos negros lembrarán este sábado o décimo aniversario do Prestige
A acción terá lugar na praia do Rostro, en Fisterra, cubrindo dos dous quilómetros de lonxitude do areal, e coa referencia da cadea humana que se realizou o 22 de xaneiro de 2003.
Lanzan unha campaña para desintoxicar os fogares
O blog Un claro no bosque dá conta da campaña Fogar sen tóxicos, impulsada pola Fundación Vivo Sano para minimizar a exposición a moitas substancias carcinoxénicas e alerxénicas presentes nas nosas casas.
A Caravana a Gaza 2013 comeza en Rivas Vaciamadrid
O 12 de xaneiro este concello madrileño acollerá a Gala de circo para la paz en Palestina, organizada polo Festiclown e Pallasos en Rebeldía e na que participarán Leo Bassi ou Amparo Sánchez.