Movementos sociais
"O neno Xesús continúa no noso poder"
Fomos Armala Raptando Temporalmente Ao Susiño (FARTAS), que hai uns días secuestrou a figura do Belén que o Concello de Santiago instalou no Obradoiro en protesta polos recortes e os desafiuzamentos, amosa que o neno se atopa en bo estado. Vídeo no interior.
"Debemos elaborar unha proposta de nación que sirva para os nacionalistas e para os non nacionalistas"
Xaime Subiela foi galardoado co Premio Ramón Piñeiro de ensaio coa obra Para qué nos serve Galiza? Realiza unha proposta galeguista en clave de republicanismo cívico, coherente coa historia do nacionalismo galego, hibridado cos movementos emancipadores.
"O ano 2012 puxo en cuestión o modelo territorial e social do Estado"
O imparable desemprego, as folgas xerais, as réplicas do 15M, o rescate ao bancos ou o éxito independentista en Cataluña poñen en dúbida o actual modelo estatal logo dun ano convulso no político e no social. Unha nova de Cadernos de Comunicación.
Un nadal de folga para os traballadores do Hostal
Convocaron folga para os días 24, 25, 31 e 1 contra o ERE proxectado para os Paradores e en protesta porque nas negociacións non se teña en conta a participación co comité do centro compostelán que, reiteran, leva anos "dando beneficios reiterados". Os sindicatos cifran nun 75% a participación no paro.
Camiñando contra o parque eólico do Morrazo
Un cento de persoas participan no roteiro organizado este domingo pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo en protesta polo proxecto de instalación de 14 aeroxeradores en Pedras Negras
A fin do mundo
Carolina Díaz Ripoll
A agricultura invisíbel
Xoán Carlos Carreira
"O proxecto da mina de Corcoesto é propio de países colonizados"
Deputados de AGE visitan Cabana de Bergantiños e sinalan que a empresa que explotará a mina actúa en Galicia "porque busca países cunha lexislación ambiental moi laxa e onde atopen complicidade das autoridades políticas".
O BNG esixe no Congreso que o Goberno dea marcha atrás no copago de ambulancias
A deputada Rosana Pérez presenta unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentaria na que pide a retirada do borrador e unha negociación "en pé de igualdade" coas autonomías. O Bloque acusa o Executivo de "inmiscuirse en competencias autonómicas".
Os avogados galegos declaran 'non grato' a Gallardón, no que ven maneiras "ditatoriais"
O Consello da Avogacía Galega carga con dureza contra o ministro de Xustiza por incrementar as taxas xudiciais e asegura que "non é demócrata".
Os médicos volven rebelarse ante os "inadmisibles" recortes de Feijóo
O Colexio Oficial de Médicos da Coruña rexeita nun duro comunicado a redución de salario aos empregados públicos e cre que é "moralmente reprobable manter o indecente número de cargos públicos a conta da saúde dos cidadáns".