Na defensa das abellas que "pican, dan medo" e nos dan de comer
Centos de persoas maniféstanse en Compostela para esixir que a Xunta non combata a praga do gorgullo do eucalipto verquendo sobre as plantacións fluxfenuron, un nocivo pesticida que a Unión Europea vén de prohibir polos seus efectos na fauna, nas augas e na saúde das persoas