"Feijoo, atende, a sanidade non se vende"
Milleiros de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación de SOS Sanidade Pública, que criticou os recortes efectuados polos gobernos galego e español e alertou do risco de privatización. Participaron numerosos representantes políticos, de BNG, PSdeG-PSOE, EU, +G ou EI, entre eles Pachi Vázquez, Francisco Jorquera ou Xosé Manuel Beiras.