Movementos sociais
"Feijoo, atende, a sanidade non se vende"
Milleiros de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación de SOS Sanidade Pública, que criticou os recortes efectuados polos gobernos galego e español e alertou do risco de privatización. Participaron numerosos representantes políticos, de BNG, PSdeG-PSOE, EU, +G ou EI, entre eles Pachi Vázquez, Francisco Jorquera ou Xosé Manuel Beiras.
Historiadores, franquismo e antifranquismo
Carlos Barros
Dez voces galegas "por unha democracia radical"
Estaleiro Editora presenta Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção, unha compilación de textos de Antom Santos, José Ángel Brandariz, Miguel Fernández, Francisco Sampedro ou David Rodríguez, que quere ser "un acto de afirmación colectiva e unhaa ferramenta de pensamento e acción para a sociedade galega". Preséntase este sábado 2 en Vigo, na Asociación Cultural Bou Eva.
Marcha contra ENCE: "Néganse a marchar, botémolos xa"
Dúas manifestacións, convocadas pola Asociación pola Defensa da ría de Pontevedra, saíron ás sete e media da tarde das Alamedas de Pontevedra e Marín, para esixir a paralización do proceso de renovación da AAI á planta e a marcha definitiva do complexo. As marchas rematarán cunha polbada colectiva na Praza da Pedreira.
SOS Sanidade Pública
Pablo Vaamonde
A proposta de banca ética de Fiare esténdese por Galicia
Fiare organiza mesas redondas e reunións ao longo do mes de xuño en Betanzos, Vigo, Coruña ou Compostela. O pleno do Concello de Manzaneda aprobou por unanimidade a súa entrada en Fiare Galiza, converténdose na primeira administración municipal que o fai.
Os equipos de normalización pídenlles aos pais que escollan o galego no ensino infantil
A Coordinadora lembra a importancia desta decisión, que se toma no momento de formalizar a matrícula e que ten unha vixencia de tres anos. Sinala que só o ensino en galego garante que os nenos e nenas teñan "competencia nas dúas linguas para poderen no futuro decidir cal queren usar"
SOS Sanidade aclara que o Concello de Santiago non veta o palco da súa protesta
A organización da marcha contra a "privatización e os recortes" nos servizos de saúde subliña que conta con "todos os permisos" para a súa mobilización do vindeiro domingo. Representantes do mundo da cultura asinan un manifesto apoiando as reivindicacións.
A plataforma pola defensa de Corcoesto prepara alegacións contra a perigosa mina de ouro a ceo aberto
O polémico proxecto, situado nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Coristanco, atópase en exposición pública para acadar a consideración de "estratéxico". Colectivos veciñais e ecoloxistas alertan da contaminación que xeraría unha explotación, de escasos beneficios para a comarca.
Eu quero vivir neste barrio!
Os veciños e veciñas de San Pedro, en Compostela, celebran este sábado o Día do Barrio, unha xornada de festa, pero tamén de embelecemento e decoración das rúas, prazas e fachadas, e tamén solidario, coa recollida de alimentos para a cociña económica.
Curas que fomentan a violencia de xénero
Francisco Castro