Movementos sociais
Pallasos en Rebeldía comezan unha xira por México en defensa dos pobos indíxenas
Iván Prado actuará para as 50.000 persoas que encherán o Foro Sol do Wirikuta Fest, en México DF, en solidariedade co pobo Huichol e en contra das minas a ceo descuberto que o goberno mexicano quere abrir no Deserto de Wirikuta
Bemposta, "próxima estación: esperanza"
Noela Blanco Rodríguez
Esquerda Unida presentará mocións na Coruña e Vigo para que a Igrexa pague o IBI
Piden que os plenos municipais defendan a modificación da lexislación e que as novas cantidades recadadas supoñan a un incremento do gasto social dos concellos. Na rede puxéronse en marcha peticións cidadás en Compostela e A Coruña para rematar cos privilexios fiscais da Igrexa.
Liga Estudantil e Comités, maioritarios no claustro da USC
As dúas organizacións con maior implantación nos campus da Universidade de Santiago suman 37 electos e electas no órgano de representación da institución
Amnistía Internacional denuncia o uso excesivo da forza por parte da policía en manifestacións
No seu Informe Anual fai fincapé nas cargas dos Mossos d'Esquadra contra o 15M en Barcelona e sinala unha vez máis os casos de detención en réxime de incomunicación nas cadeas españolas. Porén, salienta o fin da violencia de ETA. No contexto internacional lamenta que a primavera árabe ficase nunha "oportunidade perdida" e critica a "inoperancia" da ONU.
A imprescindible e difícil unidade
Paco Castro
"Nos gandeiros hai medo a denunciar os sacrificios innecesarios de animais"
O Sindicato Labrego denuncia que centos de animais son sacrificados sen estar enfermos, por mor dos criterios subxectivos empregados pola empresa que realiza os saneamentos, Tragsega, e pola falta de control e "irresponsabilidade" da Xunta. Cándido Iglesias, da Baña, é un dos primeiros en denunciar a situación; matáronlle 31 vacas sas hai catro meses e aínda non cobrou a correspondente indemnización. Audios no interior.
Para que queredes un CGB vivo?
Helena González
O Seminario Galego de Educación para a Paz trasládase a Herbón
O SGEP toma esta iniciativa para impulsar a creación do Centro Internacional pola Paz, en entredito pola negativa da Xunta de declarar BIC o convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón.
15M en Galicia: "Hai moito traballo feito e tamén moito por facer"
A manifestación do 12 de maio deixou claro que, un ano despois, hai moitas máis razóns para volver á rúa, pero non só se falou de futuribles e desideratas; tamén de feitos, moitas cousas que se teñen conseguido ou que están en proceso de conseguirse, case nunca reflectidas en logros na política e institucións, pero si no asociacionismo e a cooperación cidadá, na información, concienciación e a unión de forzas.
Un percorrido polos campos de concentración franquistas de Padrón, Muros, Lousame e o Barbanza
O III Seminario sobre a memoria: A guerrilla e os campos de concentración, terá lugar entre Melide e Rianxo os próximos 1, 2 e 3 de xuño e contará coa participación de Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros.