Nova Escola Galega recolleu o Pedrón de Ouro, xente grande para un país grande
A casa de Rosalía, en Padrón, acolleu o acto, no que interviron Fina Casalderrei e Mariló Candedo, e ao que acudiron ducias de persoas. Entre elas, Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo, Antón Costa, Xosé Manuel Beiras, Encarna Otero, Xulia Guntín, Martiño Noriega, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, Francisco Fernández Rei ou Víctor Freixanes.