O Comercio Xusto galego reinvéntase para facer fronte á crise
O valor engadido do ecolóxico e a persecución dunhas condicións dignas para os produtores locais tamén no Norte centran as celebracións do Día Mundial, esta fin de semana.
O valor engadido do ecolóxico e a persecución dunhas condicións dignas para os produtores locais tamén no Norte centran as celebracións do Día Mundial, esta fin de semana.
A moción, presentada polo daquela concelleiro nacionalista Óscar Freixedo, foi apoiada polo Partido Popular. O Encontro Irmandiño pide a dimisión do alcalde, Manuel Penedo, e dos restantes concelleiros populares.
A Xunta segue a desenvolver a lei aprobada a instancias do Foro Español de la Familia cun procedemento para dar "alternativas eficaces" ao aborto pola vía de xestionar a entrega en adopción dos acabados de nacer nos hospitais do Sergas
Falamos con Raimundo Viejo, Manuel M. Barreiro, Antón Fernández de Rota, David Rodríguez, Antón Gómez-Reino e Víctor Sampedro sobre a evolución do movemento, as perspectivas actuais e as estratexias que no futuro debería adoptar a cidadanía crítica na procura dunha política transformadora e unha saída alternativa da crise económica.
A Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública chama a un paro de dúas horas este xoves pola mañá para apoiar a folga estudantil convocada na USC contra a suba das taxas, que poderían ascender un 66%, segundo denuncia a Liga Estudantil. Hai manifestacións convocadas ás 12 na Praza do Toural en Compostela e diante da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
O sábado 12 de maio o movemento de indignados e indignadas volve as rúas, nas primeiras manifestacións que convoca dende o 15 de outubro e que se insiren nunha mobilización global (haberá marchas en todo o planeta) a prol dun cambio de sistema. O 15M fai un ano, sen o impacto mediático dos primeiros meses e sen a presenza masiva e constante nas prazas, pero con máis motivos para a mobilización e o valor do traballo conxuntos con outros colectivos. Falamos con membros dalgunhas das asembleas do movemento en Galicia.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asesora a ONGD e concellos dos dous países para mellorar a loita contra a pobreza no mundo no proxecto Redes para o desenvolvemento
Novagalicia Banco ameaza con botar da súa vivenda a Sandra, de 25 anos, a súa nai e o seu irmán pequeno, por non poder pagar a hipoteca asinada por seu pai, que abandonou o domicilio e agora se atopa en México.
Esta cantidade supón o 70% de todos os gastos xerados por SOGAMA, segundo a organización ecoloxista, que afirma que isto vén refrendar "o fracaso do modelo baseado na incineración, un buraco negro ambiental e económico que en 2011 xa devorou 253 millóns de euros"