Movementos sociais
Un asasinato “divertido”
Noela Blanco Rodríguez
'Tortilleiras', 'bolleiras', 'marimachos'
As lesbianas nunca existiron. Os homes homosexuais comezan a ver desterrada a imaxe colectiva de que os convertía en carne de canón social, mentres as lesbianas moitas veces permanecen fóra da vida pública, relegadas ao desgastado imaxinario das bolleras ou, como moito, ao ideario da bisexualidade cultivado na industria do porno.
O SLG esixe a retirada do borrador dos cultivos enerxéticos forestais
O Sindicato Labrego Galego tamén pide que o debate sobre os usos do monte se leve ao Consello Forestal de Galicia
Futuro incerto na reserva de vida da Costa da Morte
O 30 de abril a reserva mariña dos Miñarzos podería quedar desprotexida. Os integrantes da Confraría de Lira-Carnota temen que a Xunta non renove o contrato de vixilancia, que a protexe do furtivismo e a sobrepesca.
As touradas "teñen cabida como espectáculo igual que a danza ou o teatro"
A actriz Lucía Regueiro denunciou as subvencións que reciben as touradas mentres que as artes escénicas sofren recortes, ao tempo que a concelleira de Cultura, Ana Fernández, afirmaba que "teñen cabida como espectáculo, igual que a danza ou o teatro" e que "non será o PP" o que acabe coas tourades na Coruña.
Xove: Vermello de barro
A maior balsa de residuos da bauxita de Galicia está en Xove. Trinta anos despois da súa apertura, a Xunta estreou este ano o primeiro plano de emerxencias exteriores, por se se dera o caso dunha hipotética rotura nos diques de contención. Son trinta anos de convivencia entre este depósito a ceo aberto e a veciñanza das parroquias xovenses de Lago, Morás e Portocelo.
"Esta lei é unha ferramenta para a privatización de todo o monte do país"
PSdeG-PSOE e BNG, ao igual que colectivos ambientalistas (ADEGA e Verdegaia) ou o Sindicato Labrego Galego, opóñense frontalmente á Lei de Montes, que este martes iniciou o seu trámite parlamentario. Acusan ao PP de ter unha visión "economicista" do monte, de dificultar o desenvolvemento do rural, de atacar os montes comunais e de diminuír os elementos de prevención dos incendios forestais.
A Plataforma contra as Fumigacións presenta unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente
Constituída por unha vintena de entidades, entre elas o SLG, ADEGA, Verdegaia, Fruga, Véspera de Nada ou a Asociación Galega de Apicultores, realiza tamén unha campaña de información para evitar que os propietarios de montes asinen os permisos para a fumigación aérea con Flufenoxuron, moi tóxico e prohibido pola UE.
A Xeración do 2000
Carolina Díaz Ripoll
A Liga Estudantil debate as 'alternativas á crise' no Campus Norte da USC
Entre o martes e o xoves, as facultades de Xornalismo, Filoloxía e Económicas acollerán mesas redondas e conferencias que procuran "na democracia e na consciencia" o impulso para transformar a sociedade. Fermín Bouza, María do Cebreiro, Xaquín Leiceaga, Raúl Asegurado ou os actores Evaristo Calvo e Patricia de Lorenzo participarán nas xornadas, que tamén debaterán a situación da CRTVG ou do audiovisual galego.
Un medio rural "multifuncional e sustentable"
Expertos e activistas debateron en Poio sobre os problemas e ameazas do espazo rural e as propostas e accións para protexelo e dinamizalo. O acto pechouse coa sinatura da Alianza por un medio rural galego vivo”, que queda aberta a adhesións doutras entidades que traballen a prol da reactivación do rural.