Un proxecto de cooperación galego que dificilmente se volverá repetir
Non contou cunha campaña de publicidade, nin visibilidade institucional e nin sequera conta cun nome comercial, pero o proxecto Oxlajuj Tz’ikin é unha das xoias da cooperación para o desenvolvemento en Galicia. Un programa integral en Guatemala que é posible que non se poida volver repetir tras os recortes orzamentarios estatais e autonómicos nas partidas para Cooperación.